Saltar ao contido

Yolanda Lastra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYolanda Lastra

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1932 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Cornell
Smith College
Universidade de Georgetown Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAntropoloxía, lingüística e sociolingüística Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, antropóloga, historiadora, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Nacional Autónoma de México
Instituto de Investigacións Antropolóxicas
Centro de Estudos Lingüísticos e Literarios Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeJorge A. Suárez Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1040437

Clementina Yolanda Lastra García, nada na Cidade de México o 12 de setembro de 1932, algunhas veces mencionada como Yolanda Lastra de Suárez, é unha antropóloga, lingüista, catedrática e académica mexicana. Pioneira no eido da sociolingüística en México,[1] é recoñecida como especialista en lingüística descritiva das linguas indíxenas americanas, en particular, do náhuatl moderno, o otomí e castelán de México.[2] Asemade, tamén fixos estudos do chichimeco jonaz e do matlatzinca.[3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Yolanda Lastra estudou nun bacharelato bilingüe (español e inglés) onde tamén aprendeu latín. Ao rematar a súa preparatoria obtivo unha bolsa para cursar os seus estudos nos Estados Unidos, no Smith College de Massachussets. Estudou por catro anos no colexio universitario, onde aprendeu inglés e unha especialidade en francés.[5] Ao recibir o seu título de grao, regresou á Cidade de México. Desafortunadamente non foi posible revalidar o seu grao, polo que optou por seguir preparándose no Instituto Francés de América Latina obtendo o diploma de ensino en francés.

Durante esa época faleceu o seu pai, Yolanda empezou a traballar para apoiar á súa familia dando clases de español na Embaixada dos Estados Unidos en México. Polo seu bo desempeño, a embaixada ofrécelle traballar directamente para o Instituto do Servizo Exterior e trasladala a Washington, D.C. Preséntaselle a oportunidade de continuar a súa preparación lingüística, xa que a institución para a cal traballa ofreceulle unha bolsa; Yolanda decide estudar a mestría en Lingüística na Universidade de Georgetown. Nesta universidade aprende sobre as novas correntes da lingüística derivadas do estruturalismo, tivo os seus primeiros adestramentos na lingüística sincrónica por parte de recoñecidos mestres na súa área.[6]

Ao rematar a mestría en 1957, chega a México pero novamente se enfronta con problemas de revalidación dos seus graos e regresou aos Estados Unidos. Decide continuar os seus estudos, desta volta na Universidade Cornell en Nova York. Alí, especialízase no estudo das linguas indíxenas de América dentro dunha liña de lingüística descritiva sincrónica, cun trasfondo antropolóxico. Mentres estudou nesta universidade traballou nun proxecto sobre o estudo do quechua, polo que viaxa a Bolivia para a súa investigación sobre esta lingua.[7] Foi con este traballo que obtén o seu doutoramento en Lingüística en 1963 coa tese sobre a sintaxe do quechua de Cochabamba dirixida por Charles F. Hockett. Tamén foi discípula de Paul Garvin e Noam Chomsky.[8]

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Ao rematar os seus estudos na Universidade Cornell traballou durante un período como profesora, mentres continuaba coa súa investigación da lingua quechua e se adentraba na liña de estudo da dialectoloxía. Posteriormente, en 1968 publicou as súas investigacións nun libro, titulado Conchabamba Quechua Syntax.[6] Tamén foi profesora na Universidade de California, Os Ánxeles, entre 1966 e 1968, ano no que regresa a México.[6]

Concello de San Luis de la Paz, Guanajuato.

Ao regresar ao seu país, en 1968, empeza a traballar na sección de antropoloxía do Instituto de Investigacións Históricas da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Tomou un curso con Moisés Romero na Escola Nacional de Antropoloxía e Historia, quen a asesorou sobre ónde facer traballo de campo. Moisés recomendoulle empezar en Misión de Chichimecas de San Luis de la Paz, Guanajuato.[9] En 1969, dedicou os seus primeiros traballos ao estudo da lingua chichimeca jonaz que pertence á familia lingüística otopame e que se ben aínda se fala, está en perigo de extinción. A súa orixe remóntase aos arredores do concello de Tolimán, na Serra Gorda de Querétaro, mais logo dun masacre encabezado polo coronel José de Escandón no século XVIII trasladáronse a San Luis de la Paz, Guanajuato.

Na década de 1970 estudou a lingua náhuatl co obxectivo de coñecer a súa variedade no centro de México. Empezou o traballo de campo con Fernando Horcasitas nas comunidades náhuatl da Cidade de México e estados achegados. O traballo organizouse con base nun método xeográfico de círculos concéntricos. Cos datos obtidos integraron un corpus lingüístico onde se rexistraron unha diversidade de elementos de lingüística descritiva, sociolingüística e dialectoloxía, que marcaron identidades e límites das variantes do náhuatl moderno do centro de México. Como resultado da investigación, publicáronse unha serie de artigos nos Anales de Antropología entre 1975 e 1980. Ademais, Yolanda publicou dúas monografías, unha sobre o náhuatl de Texcoco e outra sobre o de Acaxochitlán.

Mapa de dialectos do náhuatl en México, baseándose no artigo de Yolanda Lastra "Áreas dialectais do náhuatl moderno".

Contra o ano 1973 empeza a colaborar co Instituto de Investigacións Antropolóxicas da Universidade Nacional Autónoma de México.[10] En 1986 publicou Las áreas dialectales del náhuatl moderno en colaboración co Instituto de Investigacións Antropolóxicas. O libro fai referencia á contorna do ser humano: mundo exterior, paisaxe, clima, corpo humano, parentesco, plantas e animais, forma de alimentación e expresión verbal. Yolanda integrou un cprpo lingüístico dos dialectos de 16 estados de México e O Salvador considerando o náhuatl clásico. Estabeleceu un mapa onde se recoñecen as formas de fala do náhuatl moderno en catro áreas: Periferia occidental (costa pacífica, Durango, Nayarit, oeste de Estado de México); Periferia oriental (Sierra de Puebla, Istmo de Tehuantepec e pipil); Huasteca e Centro (Puebla, Tlaxcala e Guerrero). Este libro foi referente doutros estudos sobre trazos lingüísticos das variantes do náhuatl moderno.

Mapa de dialectos otomís.

Ao rematar o proyecto do náhuatl, continúa coas linguas otomangues, estendéndose dende o otomí falado no entro de México até o mangue que se falou en Nicaragua. Yolanda traballou coa familia lingüística otopameana, que se relaciona co pame e o chichimeco. A partir de 1981, Yolanda sostivo un arduo traballo de campo, xa que o otomí foise extinguindo nas rexións e comunidades do centro de México. Empezou co otomí de Toluca e logo en orde: Tlaxcala, Hidalgo, outros estados de México até rematar co estado de Michoacán. As publicacións que realizou sobre a lingua otomí a finais do século XX rexistraron elementos lingüísticos que permitiron identificar tres zonas: os dialectos orientais (Serra Madre Oriental, Tilapa e Ixtenco), os noroccidentais (Mezquital e Querétaro) e os suroccidentais (San Felipe e Amealco).[5][6]

Dentro do seu traballo co castelán de México, foi coordinadora do corpus sociolingüístico da Cidade de México, e puxo ao alcance dos castelan falantes, estudosos e interesados os textos máis representativos da sociolingüística a nivel internacional. Traballou nun proxecto patrocinado pola Asociación de Lingüística e Filoloxía de América Latina, tamén participou en proxectos que tiñan como obxectivo estudar o castelán das cidades máis importantes de América Latina e España.[7]

Colaborou con Pedro Martín Butragueño en El Colegio de México e como coordinadora do Archivo de Lenguas Indígenas de México no Centro de Estudos Lingüísticos e Literarios. Imparte clases de sociolingüística e lingüística náhuatl na Facultade de Filosofía e Letras da UNAM. É socia honoraria da Society for the Study of the Indigenous Languages of the Americas. O 13 de xuño de 2013 foi elixida como membro de número da Academia Mexicana de la Lengua para ocupar a cadeira XI.[11] En 2015 recibiu o Premio Nacional de Ciencias e Artes 2015 no eido da Lingüística e Literatura, e participou no proxecto "Atlas da Conca do Río Lerma", dirixido por Javier Delgado do Instituto de Xeografía da UNAM, xunto a máis de 30 investigadores nacionais. Lastra encargouse de conseguir topónimos da paisaxe nas linguas orixinarias da zona da conca do río Lerma.[12]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Cochabamba Quechua Syntax, The Hague: Mouton, 1968.
  • Antología de estudios de etnolingüística y sociolingüística, en coautoría con Paul L. Garvin, 1974.
  • El náhuatl de Acaxochitlán, Hidalgo, 1980.
  • El náhuatl de Texcoco en la actualidad, 1981.
  • Las áreas dialectales del náhuatl moderno, 1986.
  • El otomí de San Andrés Cuexcontitlan, Toluca, 1989.
  • Lingüística para hispanoamericanos: una introducción, 1992.[13]
  • El otomí de Toluca, 1992.
  • El otomí de Ixtenco, 1997.
  • Unidad y diversidad de la lengua. Relatos otomíes, 2001.
  • Los otomíes, su lengua y su historia, 2006.
  • Parlons otomi, une langue indienne du Mexique, 2009.
  • Vocabulario piloto chichimeco, 2009.
  • Mazahua de San Pedro el Alto, Temaxcalcingo, Estado de México, coautora con Celestino Cárdenas Martínez, 2011.[14]
  • Textos chichimecos. Bosquejo gramatical, léxico y notas históricas, 2018.[15]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Secretaría de Educación Pública (14 de decembro de 2015). "Semblanzas de Galardonados del Premio Nacional de Ciencias y Artes 2015". Prensa Gobierno de México. Consultado o 27 de agosto de 2021. 
  2. Martín Butragueño, Pedro.; Lastra, Yolanda, 1932-. Corpus sociolingüístico de la ciudad de México : materiales de PRESEEA-México. (Primeira edición ed.). ISBN 978-607-462-248-5. OCLC 756202708. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  3. Lastra, Yolanda (2004). "Caracterización del chichimeco jonaz: La posesión" (PDF). Universos: Revista de lenguas indígenas y culturales 1. Consultado o 17-05-2021. 
  4. Edmonson, Munro S.; Andrews, Patricia A. (1984). Linguistics (1st ed ed.). University of Texas Press. ISBN 0-292-77577-6. OCLC 10207920. Consultado o 2021-05-17. 
  5. 5,0 5,1 Butragueño, Pedro Martín (2009). "Lingüística descriptiva y lingüística social en la obra de Yolanda Lastra: historia de un compromiso científico". Entre las lenguas indígenas, la sociolingüística y el español. Estudios en homenaje a Yolanda Lastra (El Colegio de México): 4–35. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Ceremonia de ingreso de doña Yolanda Lastra a la Academia Mexicana de la Lengua (Parte 2)". Academia Mexicana de la Lengua. Consultado o 2022-02-24. 
  7. 7,0 7,1 Instituto de Investigaciones Antropológicas (2010). "Clementina Merced Yolanda Lastra y Villar y García Gómez". [Ligazón morta]
  8. Academia Mexicana de la Lengua. "Ceremonia de ingreso de doña Yolanda Lastra a la Academia Mexicana de la Lengua". Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  9. "Yolanda Lastra, lingüista, experta en el chichimeco jonaz". Journalmex, Periodistas de México (en castelán). 16 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2014. 
  10. "Yolanda Lastra". Instituto de Investigaciones Antropológicas de la UNAM (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 1 de marzo de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2014. 
  11. "Comunicado: elección de Yolanda Lastra". Academia Mexicana de la Lengua (en castelán). 13 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2014. 
  12. "Yolanda Lastra: una vida dedicada al estudio de las lenguas originarias". DIARIO TE. Periodismo innovador para la tercera edad (en castelán). Consultado o 2022-02-25. 
  13. Henríquez, María Clara (1992). "Sociolingüística para hispanoamericanos. Reseña de libros" (PDF). Instituto Caro y Cuervo. Centro Virtual Cervantes (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2014. 
  14. Lastra, Yolanda; Colegio de México. Centro de Estudios Lingüísticos y Literarios (2011). Mazahua de San Pedro el Alto, Temascalcingo, Estado de México (Primeira edición ed.). ISBN 978-607-462-715-2. OCLC 911516960. Consultado o 2021-08-27. 
  15. Lastra, Yolanda, 1932-. Textos chichimecos : bosquejo gramatical, léxico y notas históricas (Primeira edición ed.). ISBN 978-607-30-0034-5. OCLC 1121278730. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  16. "Yolanda Lastra". www.asale.org (en castelán). Consultado o 2021-08-27. 
  17. Salazar, Ana María; Kugel, Verónica (2010). Homenaje a Yolanda Lastra: X Coloquio Internacional sobre Otopames (PDF) (en castelán). UNAM;Instituto Nacional de Lenguas Indígenas,. ISBN 978-607-02-2010-4. 
  18. Salvador, Denys González Cordova, Ernesto Núñez Flores, Roberto Ramírez García, Julio César Romero. "Las lenguas y sus hablantes, inspiración de Yolanda Lastra". Ciencia UNAM (en castelán). Consultado o 2021-08-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]